Aínda que agrupados no grupo de madeiras, na actualidade algúns destes instrumentos constrúense en metal. Isto débese a que o nome foi dado á maioría cando aínda eran fabricados en madeira. Con todo, séguense clasificando dentro das madeiras polo seu timbre e o seu son característico. Todos teñen unha serie de buratos tradeados ao longo do tubo, aínda que algúns se cobren ou destapan mediante unha serie de mecanismos aos que se denomina chaves. Os instrumentos de vento-madeira teñen un son suave, melodioso e profundo.
Hai dúas formas de producir o son nos instrumentos de vento madeira:
- Soprar a través dun burato como ocorre cos instrumentos chamados de bisel, a familia das frautas inclúese dentro deste grupo.
- Soprar a través dunha cana en forma de lingua, onde temos outros dous subgrupos:
- Cana simple: clarinetes e saxos.
- Cana dobre: oboes e fagotes
Clarinete
Oboe
Frauta traveseira
Frauta de bico (consort)
Saxofón (cuarteto: soprano, alto, tenor e barítono)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.