lunes, 10 de noviembre de 2014

jueves, 21 de abril de 2011

Índice

Ola, Benvidos ao blogue sobre instrumentos musicais. Aquí atoparedes o complemento ás clases de música e o material para preparar o exame de audicións. As entradas están ordenadas por familias. Porén, para maior comodidade, podedes usar este índice: só tedes que picar sobre o ítem concreto que queirades estudar e levaravos a el. Se tedes algunha dúbida, preguntádeme.



lunes, 24 de enero de 2011

1.1 Introdución cordas

Son aqueles instrumentos nos que o son se produce pola vibración das cordas. Documental de introdución:

domingo, 23 de enero de 2011

1.2 Corda fretada

Son os instrumentos nos que se obtén o son fretando as cordas mediante a acción dun arco (normalmente construídos con madeira e crins de cabalo), aínda que tamén existe unha técnica que consiste en beliscar as cordas, chamada pizzicato. Pertencen a este grupo os instrumentos da familia do violín, de agudo a grave: violín, viola, violonchelo e contrabaixo. Cuarteto de corda


Viola



Violoncello



Contrabaixo

sábado, 22 de enero de 2011

1.3 Corda pulsada

A este grupo pertencen os instrumentos nos que as cordas se puntean cos dedos, uñas ou púas (tamén chamadas plectros). Merece unha mención especial o clavicémbalo, no que as púas son accionadas por teclas.

Banxo





Ud (laúde árabe)



Koto (Xapón)



Bouzouki (Grecia)



Ukelele (Hawái)



Clavicémbalo



Guitarra clásica



Guitarra (eléctrica) de jazz



Guitarra de Gypsy Jazz

Guitarra eléctrica





viernes, 21 de enero de 2011

jueves, 13 de enero de 2011

2.1 Introdución ventos

Son os instrumentos nos que o son se produce pola vibración dunha columna de aire no seu interior. Como introdución, un vídeo no que se pode apreciar a capacidade expresiva dos instrumentos de vento e as posibilidades do jazz como linguaxe e medio de comunicación:

miércoles, 12 de enero de 2011

2.2 Vento madeira

Aínda que agrupados no grupo de madeiras, na actualidade algúns destes instrumentos constrúense en metal. Isto débese a que o nome foi dado á maioría cando aínda eran fabricados en madeira. Con todo, séguense clasificando dentro das madeiras polo seu timbre e o seu son característico. Todos teñen unha serie de buratos tradeados ao longo do tubo, aínda que algúns se cobren ou destapan mediante unha serie de mecanismos aos que se denomina chaves. Os instrumentos de vento-madeira teñen un son suave, melodioso e profundo. Hai dúas formas de producir o son nos instrumentos de vento madeira:
  1. Soprar a través dun burato como ocorre cos instrumentos chamados de bisel, a familia das frautas inclúese dentro deste grupo.
  2. Soprar a través dunha cana en forma de lingua, onde temos outros dous subgrupos:
    • Cana simple: clarinetes e saxos.
    • Cana dobre: oboes e fagotes


Clarinete


Oboe


Frauta traveseira



Frauta de bico (consort)



Saxofón (cuarteto: soprano, alto, tenor e barítono)

martes, 11 de enero de 2011

2.3 Vento Metal

O son prodúcese grazas á vibración dos beizos do intérprete na parte denominada embocadura. Cando a columna de aire atravesa o tubo, produce unha serie de notas chamada "serie de harmónicos naturais". Pódense obter outras notas utilizando pistóns ou varas deslizantes, dependendo do tipo de instrumento. O son dos instrumentos de metal pode alterarse introducindo na campá un mecanismo coñecido como sordina, conseguindo un timbre diferente.

Trompeta


Trombón (de pistóns)




Trompa



Tuba

lunes, 3 de enero de 2011

3.1 Introdución percusión

Son aqueles nos que o son se produce pola vibración do propio instrumento ao ser golpeado ou axitado. O milagre de Candeal:

domingo, 2 de enero de 2011

3.2 Percusión de son determinado

Os que producen notas identificábeis. É dicir, nos que a altura está determinada.
Timbal: Ten un parche que se toca con baquetas e cuxa tensión varía mediante a acción dun pedal.



Vibráfono: É similar ao xilófono, mais as láminas son de aliaxe de aluminio en lugar de madeira. Estas láminas son percutidas con baquetas. Debe o seu nome a un mecanismo que proporciona un vibrato, entre os tubos resonadores e as láminas hai unha serie de discos enlazados entre si por un eixo. Hai un disco para cada tubo e o eixo é accionado por un motor eléctrico .


Hang

sábado, 1 de enero de 2011

3.3 Percusión de son indeterminado

Os que non producen notas identificábeis. É dicir, aqueles nos que a altura é indeterminada. 

Darbuka (norte de África e Oriente Próximo)




Djembe (África)




Congas



Batería (jazz)


Batería (fusión)



Percusión corporal